Unhas 150 persoas piden a retirada do ‘decretazo contra o galego’

    queremos_galego100.jpgVILAGARCÍA> A Plataforma Queremos Galego xuntou onte a unhas 150 persoas na concentración que celebrou pola noite na Praza de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/queremosgalego.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Plataforma Queremos Galego xuntou onte a unhas 150 persoas na concentración que celebrou pola noite na Praza de Galicia.

    Unha protesta coa que quixeron manifestar o seu rexeitamento ó proxecto de decreto aprobado este sábado pola Xunta, e que regula o uso do idioma no Ensimo. A Consellería de Educación presentou onte este proxecto ó Consello Escolar de Galicia e indicou que na Formación Profesional se incorporará as linguas estranxeiras ós ciclos formativos, principalmente o inglés.

    Na concentración de Vilagarcía, Queremos Galego reclamou a retirada do que denomina decretazo contra o galego. Consideran que o texto deixa indefenso ó idioma galego e denuncian que está elaborado de costas á sociedade galega. Consideran que racha coa unanimidade existente ata o de agora e plasmada na Lei de Normalización Lingüística e cren que provocará enfrontamentos nos centros de ensino.

    Queremos Galego animou á cidadanía a seguir movéndose para protexer a lingua galega. A plataforma anunciou ademais o inicio dunha campaña de recollida de firmas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento.

    Redacción Salnés