Louzán cualifica os comicios de intensos e sen precedentes

    PONTEVEDRA > O presidente provincial do partido, Rafael Louzán cualificou a xornada electoral de intensa e sen precedentes. Destacou sobre todo a alta participación, que no caso das tres principais cidades da provincia, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, chegou a superar o 30 por cento.

    Na práctica totalidade das sedes da provincia de Pontevedra nas que houbo votación elixíronse tódolos compromisarios afíns a Núñez Feijoo, agás no Grove e en Cangas onde apoiaron ós de Cuíña. No caso das Neves, o reparto quedou en 4 compromisarios de Núñez e un de Cuíña, e en Porriño, foron 5 para Cuíña e tres para Núñez.

     

     

    A partir do luns os aspirantes a candidato poden empezar a formalizar os seus avais, e será cando se vexan os apoios reais de cada un. En todo caso, Louzán cre que será maioritario para Núñez Feijoo.

    En Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, elixíronse tódolos compromisarios a favor de Núñez Feijoo seguindo as apostas das executivas locais. Para Louzán isto é ademais un respaldo da militancia ó traballo de Teresa Pedrosa, Corina Porro e Tomas Fole.

    Unha vez os aspirantes teñan os avais necesarios, o 4 de xaneiro poderán presentar a candidatura. Louzán non descarta posibles pactos, como apuntaba estes días desde Ourense Xosé Luís Baltar.

    De todos modos, o presidente provincial non quere restar espectación ó Congreso rexional, que se celebrará os días 14 e 15 de xaneiro.

     

    Redacción Salnés