‘J. J. Durán quere formar parte do debate político vilagarcián’

    MODESTO_POSEcopy.jpgVILAGARCÍA> Deste xeito interpretou o candidato socialista á alcaldía, Modesto Pose, as declaracións do Vicepresidente da Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_POSE_DURAN.flv{/flowplayer}

    Tralas declaracións realizadas esta fin de semana polo Vicepresidente da Deputación de Pontevedra polas que sinalaba que a candidatura de Modesto Pose en Vilagarcía só o ían levar á oposición, o actual secretario provincial socialista valorou que estas palabras se deben ó interese de José Juan Durán por formar parte do debate político da capital arousá.

    Modesto Pose reiterou que un dos obxectivos da formación é acadar a presidencia da Deputación de Pontevedra. Considerou que teñen moitas posibilidades de gañalas eleccións na provincia.

    Polo momento, o vindeiro martes, o partido socialista celebrará unha asemblea de militantes para ratificar a candidatura de Modesto Pose. A este respecto, o secretario provincial explicou que será despois cando comecen a traballar na lista electoral.

    Engadiu, por último, que non hai nada decidido e que tódolos compañeiros teñen as mesmas posibilidades de formar parte da lista electoral.

    Redacción Salnés