A Deputación humanizará o entorno do Mosteiro de Armenteira

    humanizacion_armenteira_100_200709.jpgMEIS> O proxecto contempla melloras na estrada de acceso ó monumento así como a creación de aparcamentos e un carril bici.

    {flowplayer}images/salnes/200709_humanizacion_entrada_armenteira.flv{/flowplayer}

    O proxecto de humanización do entorno de Armenteira prevé a renovación do pavimento asfáltico no vial que comunica coa entrada ó Mosteiro, ademais da habilitación dunha zona de aparcamentos e un carril bici. O actual firme da estrada será substituído por materiais ecolóxicos e acordes con este entorno natural, gran parte a base de pedra e lousa.

    No tramo que comunica a fronte da fachada co cemiterio tamén se habilitará unha praza e unha zona de rodadura con adoquíns. Para levar a cabo esta actuación a Deputación dispón dun orzamento de 120.000 euros. As obras comezarán o vindeiro mes de agosto e segundo as previsións, podería estar listas para a vindeira Romaría de Santa María das Cabezas.

    Ademais do proxecto de Humanización, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, tamén presentou a nova guía turística que desde este mes e ata setembro informará ós visitantes que se acheguen ó Mosteiro sobre a historia e características deste monumento.

    Redacción Salnés