Un tornado volve estragar parte do paseo da Lanzada

SANXENXO> Un tornado deixa un regueiro de estragos en Sanxenxo. Este fenómeno atmosférico volveuse cebarse co paseo de madeira de A Lanzada. Por terceira vez dende que fora instalado, o forte vento levou un fragmento da instalación, desprazándoo ata o entorno do colexio de Noalla. Tellados arrincados e apagóns eléctricos foron outras das inciencias que deixou ao seu paso.

O forte temporal desta mañá deixou numerosos estragos ao seu paso por Sanxenxo. Por terceira vez dende a súa instalación, a forza do vento provocado por unha tromba marina levantou unha parte do paseo de madeira da praia da Lanzada.

A dirección do centro educativo decidiu suspender as clases hoxe e mañá, pendentes de avaliar o avance da situación para retomalas xa o venres. Tralo seu paso polo entorno da Lanzada, o tornado continuou avanzando.

A pesares dos numerosos estragos que deixou ao seu paso este fenómeno meteorolóxico, dende o concello quixeron destacar que non se produciran danos persoais.

Tras visitar os diferentes puntos do concello afectados, Telmo Martín explicou que reiterarán á Xunta a necesidade de reconstruír o paseo da Lanzada cun material máis resistente, para que non se repitan situacións como a de hoxe.

O temporal tamén provocou fallos no subministro eléctrico. Segundo Gas Natural Unión Fenosa, no municipio produciuse un apagón que afectou a máis de 2.500 clientes.