Martín Códax renova o seu parque móbil con vehículos eléctricos e híbridos

CAMBADOS> Martín Códax renova o seu parque móbil coa adquisición de 18 vehículos híbridos e eléctricos. A adega dá continuidade así ao seu plan estratéxico que comezou co autoabastecemento de enerxía instalando placas solares. A compañía busca con estes cambios reducir a pegada de carbono e favorecer á sustentabilidade e o coidado do medio ambiente.

Martín Códax é unha das grandes adegas da subzona do Salnés, pero non o é só pola gran calidade dos seus viños, se non tamén polo seu compromiso co medio ambiente. A compañía leva anos dando pasos para reducir a súa pegada de carbono. Este mes, a adega renovou o seu parque móbil adquirindo 18 vehículos eléctricos e híbridos.

Ademais, a adega instalou 9 postos de carga. Os vehículos cárganse con enerxía propia, xa que Martín Códax conta co seu propio plan de autoabastecemento.

O plan de autoabastecemento de Martín Códax comezou no 2019 e conta na actualidade con 600 placas solares. O obxectivo da compañía é reducir a pegada de carbono e mellorar o coidado do medio ambiente.

Esta estratexia comezou moito antes nos propios viñedos. Xa que Martín Códax leva anos tomando medidas que teñan un menor impacto medio ambiental, que aumente o coidado da natureza e a redución do uso dos fitosanitarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí