O PSdeG cre que os orzamentos da Xunta para O Salnés son ‘pouco fiables e con ausencias destacadas’

VILAGARCÍA> O PSdeG critica os orzamentos que presenta a Xunta para O Salnés para o 2023. Os socialistas din que son unhas contas pouco fiables e que deixan fóra investimentos moi necesarios para a comarca. Ademais, acusan ao goberno galego de anunciar partidas que, segundo denuncian, non aparecen en ningures, como para os centros de saúde de Meis ou Vilagarcía. Anuncian que van presentar emendas no Parlamento Galego.

O resumo que fai o PSdeG das contas d da Xunta para o 2023 deixa dúas conclusións: segundo din, son un orzamentos pouco fiables e con ausencias destacadas para a comarca do Salnés.

O primeiro que critican os socialistas é que algúns dos investimentos que anunciou o goberno galego, na realidade, non aparecen en ningures. Partidas por exemplo para sanidade, con exemplos concretos.

Tamén detectan pouco investimento en educación, neste caso, con ausencias destacadas.

E detectan ‘problemas de fiabilidade’ en varias partidas que, segundo indican, se veñen repetindo ano tras ano sen que se cumpra, como a variante de Alba ou a ampliación da lonxa do Grove ou a de Tragove.

Celebran os anuncios en mellora do saneamento da ría, agardando que se cumpran e lamentan tamén que o goberno galego contemple investimentos en polígonos doutras comarcas da provincia, pero non no Salnés.

Anuncian, ademais, emendas no Parlamento para tentar que algunhas das ausencias que botan en falta no presuposto se inclúan, aínda que recoñecen ter poucas esperanzas de que se acaben incorporando ás contas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí