Un axuste de contas entre narcos sáldase cun brutal asasinato en Cambados

    CAMBADOS > Unha débeda parece que foi o móbil polo que un grupo de narcos arousanos asasinou esta fin de semana ós cambadeses Ricardo Feijoo, de 30 anos e mais ó seu curmán Ángel Feijoo de 27. Os parentes foron atopados mortos o sábado calcinados nun vello muíño da parroquia cambadesa de Castrelo.

    200axustecontas051205.jpg

    Os corpos sen vida de Ricardo Feijoo Vázquez e do seu curmán José Ángel Feijoo Abal permaneceron toda a noite no muíño en que foron descubertos pola Garda Civil despois de que un veciño dese a voz de alarma. Foi na mañá do sábado, moi cedo. Unha moza viu un coche calcinado e chamou á Garda Civil. Ó chegar os axentes inspeccionaron as inmediacións e pronto descubriron o brutal suceso dentro do muíño. O corpo de Ricardo Feijoo aparecía queimado cunto co do seu curmán Ángel. Pegáranlle un tiro na cabeza e atáranlle as mans cun arame de ata-las vides.

    200axustepoli051205.jpgTodo apunta a que Ricardo Feijoo se quedara con parte dun alixo e que o incendio provocado a semana pasada nunha nave de Catoira na que se gardaban unha planeadora e mais un todoterreo só foron o primeiro aviso da banda que os asasinou.

     

    200axustefamilia051205.jpgA hipótese que se baralla é que os asasinos eran uns sicarios contratados, iso si, por arousáns, xa que o escenario elixido para o crime foi unha zona pouco transitada. De feito o incendio do coche no que apareceron as víctimas totalmente calcinadas pasou desapercibido inicialmente e os cadáveres foron atopados horas máis tarde de que fora acometido o crime. Un crime acometido nun lugar que, quen deseñou debía coñecer ben.

    Redacción Salnés