Un mozo de 20 anos, veciño de Barrantes, falece nun accidente de tráfico

    RIBADUMIA > As estradas da comarca cobráronse outra vida esta mañá. Foi na Vía Rápida do Salnés no quilómetro nove a altura de Ribadumia. Un Peugeut 206 saíuse da vía arredor das seis da mañá e precipitouse o bacío. O rapaz de uns vinte anos de idade morreu no acto

    A vía rápida do Salnés foi o escenario esta mañá dun tráxico accidente. Un peugeut 206 con matrícula 5540 CMK saíuse da vía arredor das seis da mañá. O rapaz, un veciño de Barrantes, J.C.F.P, de 20 anos de idade regresaba a casa despois dunha longa noite cando por causas que aínda se descoñecen o vehículo caeu a vía secundaria. Ata a oito da mañá non localizaron o vehículo por estar nunha zona de difícil acceso. O mozo morreu no acto. Ata o lugar achegáronse membros da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Ribadumia.

    Redacción Salnés