Sanxenxo celebra a feira da cebola con todas as medidas sanitarias

SANXENXO> As limitación da nova normalidade non impediron que Sanxenxo gozase da súa feira da cebola. Para elo foi necesario que a festa se adaptase a todas as medidas sanitarias. A situación obrigou a cancelar o concurso das ristras e a entrega das cebolas de ouro.

O concello de Sanxenxo celebrou a trixésimo oitava edición da feira da cebola. Nun ano no que a maioría de festexos caéronse do calendario, o goberno local organizou a súa tradicional festa.

Para poder organizar a feira,  o concello tivo que adaptala ás normas sanitarias. Para elo tomáronse medidas como limitar a capacidade do recinto, separar os postos, dispoñer de xeles hidroalcohólicos e suspender o concurso de ristras e a entrega de cebolas.

A situación non restou importancia á gran protagonista, a cebola.

As limitacións non afectaron a afluencia de compradores. Pouco a pouco os visitantes foron entrando ao recinto, a media mañá xa era necesario facer cola para poder acceder á feira.

As vendedoras agradeceron a celebración da feira nun momento tan delicado. Aseguraron que aínda que costou arrincar, as vendas responderon.