SANXENXO> O Salnés conta dende hoxe cunha oficina especializada en atención a inmigrantes. Está situada en Portonovo, grazas á colaboración do concello de Sanxenxo e a ONG Accem. É a mesma asociación que se encargou de atender aos dous grupos de refuxiados que acolleu o municipio. Este novo servizo abrirá un día ao mes, faciltando información laboral ou xurídica.
A sede de Servizos Sociais de Portonovo conta dende este mércores cunha nova prestación. Trátase da primeira oficina da comarca do Salnés especializada na atención a inmigrantes. Un proxecto que é unha realizade grazas á colaboración entre o concello de Sanxenxo e a ONG Accem.
Porque este servizo enmárcase dentro do proxecto Gadea. A Xunta destina este ano case 98.000 euros da convocatoria de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.
Dende o concello de Sanxenxo salientaron que este servizo será unha oportunidade para os usuarios e tamén para o municipio e o resto da comarca.
Nestas instalacións, os inmigrantes recibirán información laboral ou xurídica.
Para poder acceder a este servizo será preciso solicitar unha cita previa por correo electrónico ou no teléfono 986 72 79 01.











