A Rúa Ameixeiras é un perigo para o alumnado do Instituto Cotarelo Valledor

VILAGARCIA> Veciñas de Vilaxoán protestan polo mal estado da rúa Ameixeiras. A vía que da acceso ao instituto Armando Cotarelo Valledor é frecuentada cada día por un centenar de mozos. O perigo e máximo nun dos tramos que non ten beirarrúas e no que os estudantes teñen que camiñar pola estrada, cedendo o paso a os coches e os autobuses.

A volta ao instituto deixa ao descuberto un dos problemas cos que se atopa o alumnado do instituto Armando Cotarelo Valledor, o mal estado e o perigo da rúa Ameixeiras. Máis dun centenar de estudantes transitan cada día por unha vía que alterna tramos sen beirarrúas con outros onde a maleza obriga aos estudantes a camiñar pola estrada.

O perigo aumenta especialmente na curva da Rúa Ameixeiras previa a intersección coa Avenida de Cambados. O estreitamento do xiro unido a ausencia de beirarrúas provoca que peóns, coches e autobuses teñan que cederse o paso.

As veciñas piden ao concello que arranxe a rúa e que mentres non o faga, envíe un garda a regular o tráfico.

Segundo as veciñas, a situación é aínda máis grave cando o tempo empeora e máis coches circulan pola vía. Advirten que é necesario que o concello tome medidas canto antes porque cada día se está poñendo en perigo a máis dun centenar de menores.