As traballadoras de MARSAC vixían as entradas e saídas da conserveira

    O GROVE > As traballadoras de Marsac en O Grove continúan en pé de guerra. O luns comezaron as súas vacacións aínda que , a decisión da empresa de desmantelar as instalacións o vindeiro día doce, provocou que as empregadas organizaran un programa de vixilancia continúo para evita-lo. As traballadoras controlan todas as saídas da fábrica e non permitirán que saia ningún camión.

    Unha gran caravana está situada na parte traseira, dende aquí vixían calquer movemento dende esta parte da empresa. Unha gran pancarta as identifica. Son as traballadoras de Marsac,  que controlan a fábrica as 24 horas por medo a perder os seus postos de traballo e que se desmantele a empresa antes do previsto.

     

    Están dispostas a chegar ata o final. O obxectivo  primordial nestes intres é conseguir unha reunión coa Xunta, Concello e empresa para poñer todas as cartas enriba da mesa. O propio goberno autonómico lles informou que a intención da conserveira Alfagame é trasladar todo o proceso productivo a Vigo polo que despois de desmantelar en O Grove, iría a  fábrica de Ribadumia.

     

    Ademais da vixilancia as traballadoras continúan concentrándose todos os días as portas do Concello. As mensaxes son sempre as mesmas, “queremos trasladar, levan o calamar”, “O Grove cos traballadores de Marsac” ou Queren que nos traslademos onde o futuro non vemos”.

    Redacción Salnés