RIBEIRA > O concello de Ribeira incrementará a seguridade en moitos dos seus viais grazas á colocación de bandas reductoras de velocidades. A actuación vén motivada polas reiteradas peticións veciñais e da Policía Local referidas ós altos índices de sinistrabilidade rexistrados nos puntos negros da localidade.
As inmediacións do Colexio “Sagrado Corazón” e a zona de Areeiros en Castiñeiras, as inmediacións do Campo de fútbol de Aguiño, a estrada de Artes a Corrubedo, a zona do cruce da Igrexa en Artes e as estradas de Carreira e Oleiros serán os puntos nos ques e procederá á instalación de resaltos na vía.
O obxectivo é aumenta-la seguridade e diminui-la alta sinistrabilidade rexistrada nestes tramos das estradas.
Tanto os veciños como a Policía Local de Ribeira veñen demandando dende hai tempo a colocación das bandas reductoras de velocidade xa que o elevado número de accidentes converteu estas zonas en puntos negros de tráfico.
Redacción Barbanza