O BNG de Rianxo reclama un Plan para rehabilita-lo casco histórico

    RIANXO > Hai uns días o voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Rianxo, Xoán Bautista Mariño, mantivo unha xuntanza co Delegado Provincial de Vivenda, Carlos Bascuas, na que lle trasladou unha serie de propostas para mellora-lo aspecto da zona vella e conservar aqueles edificios históricos da vila.No transcurso da xuntanza tamén se analizaron outros temas de relevancia para o municipio como é a creación do polígono industrial de Té.

    O voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Rianxo, Xoán Bautista Mariño, quedou moi satisfeito da xuntanza mantida co Delegado Provincial de Vivenda, Carlos Bascuas.No transcurso da mesma analizáronse diferentes temas como a necesidade dunha actuación para a conservación e protección do casco histórico da localidade.

    Para os nacionalistas á de se-lo concello o organismo que debe da-los primeiros pasos coa creación dunha área de rehabilitación integral, previo deseño dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior.

    Por esta razón ten previsto presentar no vindeiro pleno unha moción relativa á protección e rehabilitación do casco vello rianxeiro.

    Na xuntanza co Delegado Provincial de Vivenda o voceiro nacionalista tamén lle propuxo que a Consellería lle ceda a cesión dos baixos dos pisos de protección oficial para atender diferentes necesidades de equipamentos sociais no municipio.

    O voceiro do BNG de Rianxo expúxolle tamén a Carlos Bascuas as necesidades de chan industrial na localidade, que agora se ven favorecidas cos pasos firmes que se están a dar na construción do tan ansiado parque empresarial de Té.

     

    Redacción Barbanza