Portos prevé adxudicar nas próximas semanas a mellora dos pantaláns da Pobra

POBRA> A actuación, unha das de maior importe das que executa o ente autonómico, ascenden a 1’3 millóns de eruos.

Nas próximas semanas Portos de Galicia agarda poder adxudicar as obras de renovación dos pantaláns no peirao da Pobra do Caramiñal.

Con esta actuación, que suporá un importante investimento que ascende a 1’3 millóns de euros, darase resposta as principais demandas do sector profesional deste porto.

A actuación que se executará na Pobra enmárcase no proxecto que ten en marcha o ente autonómico, dependente da consellería do Mar, de cara a mellora e modernización das instalacións flotantes de atraque nos distintos portos da comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí