Os rianxeiros disporán de wi-fi gratuíto nos espazos públicos

RIANXO> Rianxo instalará o ano que vén wifi de balde en espazos públicos. A localidade resultou seleccionada nun programa europeo xunto con outros catro municipios en toda Galicia. Recibirá unha axuda duns quince mil euros.

Rianxo foi un dos cinco concellos en toda Galicia que vai recibir unha axuda europea duns quince mil euros para para instalar rede wifi gratuita en espazos públicos. O alcalde, Adolfo Muíños, destacou a importancia da iniciativa que materializará ó longo do ano que vén. A idea partiu do departamento municipal de informática.

Segundo explicou o propio rexedor a rede wifi será instalada nas prazas públicas e nos parques do casco urbano, pero tamén nas parroquias e nas zonas de praia.

A axuda posibilitará tamén a instalación de sistemas para o acceso gratuito a internet cunha velocidade de descarga de 30 megas, podendo acceder a ela grupos de máis de cincuenta usuarios ó mesmo tempo.