O concello da Pobra retira oito palmeiras afectadas polo picudo

POBRA> Seis delas atopábanse nos xardíns de Valle-Inclán e dúas nos xardíns existentes a carón da casa de cultura Raquel Fernández Soler.

En total foron retiradas oito palmeiras. Seis delas nos xardíns de Valle-Inclán e outras dúas nos xardíns existentes xunto á casa de cultura Raquel Fernández Soler. Os exemplares, que non lograron salvarse a pesar de que o Concello estivo realizando nos últimos anos un tratamento especial para tratar de acabar coa praga do picudo, representaban tamén un serio risco para as persoas que habitualmente transitan por estes espazos públicos.

Segundo o alcalde, quedan xa moi poucos exemplares, pero a intención do Concello é tratar de salvar as máximas  que se poidan a pesar do elevado custo do tratamento.

A actuación foi xestionada polo Concello a través dunha empresa externa contratada para a retirada das árbores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí