O Campionato Galego de Ciclocross se celebrará en Ribadumia este domingo

RIBADUMIA > Trala disputa das sete probas do Open Caixanova  este domingo Ribadumia acollerá, por terceiro ano consecutivo, o Campionato de Galicia de Ciclocross. A partir das dez e media da mañá os ciclistas galegos de todas as categorías defenderán os seus cores nun circuíto no que tamén se disputará o Campionato Nacional.

A disputa do Campionato de Galicia será a penúltima referencia para o seleccionador Galego de cara a elección do combinado que defenderá os cores de Galicia no Campionato de España previsto do seis o oito de xaneiro, no mesmo entorno de Ribadumia.  Os arredores da Carballeira serán os escenarios onde as bicicletas se conformarán como as únicas protagonistas.

 

A federación galega de ciclismo aposta un ano máis polo concello ribadumiense, o ideal para o ciclismo a nivel nacional e internacional.

 

O seleccionador Galego de Ciclocros ten xa  os seus favoritos para constituír o grupo que defenderá Galicia a nivel nacional.

 

Un campionato no que os veciños de Ribadumia poderán admirar este deporte en todos os seus niveis, e poderá observar os futuros ciclistas que loitarán polos títulos internacionais.

Redacción Salnés