PONTEVEDRA > O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presidiu en Pontevedra a primeira reunión do Consello Galego de Cámaras, na que participou tamén a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa. Segundo Blanco, para o vindeiro ano intensificaránse as inspeccións, tanto a nivel de turismo como no comercio, para esixir que se cumpra a legalidade que marcará a nova Lei de Comercio. Tamén fixo referencia ó aumento das inspeccións nos últimos meses ós bazares chinos, tralo incremento de denuncias sobre a súa suposta ilegalidade.
O Consello Galego de Cámaras está integrado por representantes das nove Cámaras galegas, representadas no pleno a través dos seus presidentes, ademais de tres vocais consultores e un representante da Consellería de Innovación. O mércores 14 de decembro foi a primeira vez en que oficialmente se reunía o consello e estivo presidido polo conselleiro de Innovación Fernando Blanco, quen salientou a necesidade de falar do futuro do sector, así como dos presupostos do vindeiro ano e das problemáticas actuais ás que se enfrontan.
Ante o aumento de denuncias nas últimas semanas cara locais con horarios libres, o conselleiro destacou que a Xunta está exercendo o seu poder para que se cumpra a legalidade e así todos poidan competir libremente. Sinalou que a nova Lei do comercio virá a resolver este tipo de conflictos con medidas como a reducción das superficies deses bazares ata os 150 metros. Blanco sinalou que non se debe caer en racismos e falar de nacionalidades, aínda que a maioría deses locais de dudosa legalidade estean frecuentados por familias chinas. Falou dun endurecemento das sancións e apertura de expedientes de cara ó 2006.
De cara ó Nadal, a Xunta, a través dos servizos competentes, intensificou tamén os controis de seguridade nos xoguetes, co fin de que non se produzan denuncias de anomalías nos artigos que venden os bazares chinos. O obxectivo é que todos poidan comerciar coas garantías esixidas a nivel legal.
Redacción Salnés