Teatro, música e cine, na programación de Caixanova en Pontevedra

    PONTEVEDRA > Caixanova e o Concello de Pontevedra deron a coñecer hoxe a programación recollida no convenio cultural para o primeiro semestre de 2006. Os encargados de rubricar o acordo foron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o subdirector xeral de Caixanova, Antonio Gómez Rivera. No cartel destaca a Orquesta Sinfónica de Francia, unha das mellores de Europa. No apartado teatral achegaranse a Pontevedra actores como Lola Herrera, Luís Tosar ou Enrique San Francisco.

    No apartado musical actuarán no Pazo da Cultura de Pontevedra a Orquestra Clásica de Finlandia, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica Nacional D’Ile de Francia, unha das mellores de Europa, ademais do grupo galego Berrogüetto.

    En teatro, o cartel recolle as obras ‘Solas’, con Lola Herrera ou Natalia Dicenta; ‘El Zoo de Cristal’ con Luís Tosar ou María Botto no reparto; ‘El cartero de Neruda’ coa participación de Miguel Ángel Muñoz; ‘Hijos de mamá’ con Enrique San Francisco e Jorge Sanz; e a primeira incursión no teatro da directora de cine Isabel Coixet, con ’84 Charing Cross Road’. A programación complétase cun ciclo de cine español e actividades para escolares.

    Redacción Salnés