Prevención contra o abuso de alcol entre menores de idade

     RIBEIRA> O Local Social do Liceo Marítimo acolleu un seminario de prevención do consumo de alcol. A actividade foi organizada pola  Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

    {flowplayer}barbanza/obradoiroprevencionalcolismo.flv{/flowplayer}
     
    Sensibilizar á poboación sobre os riscos do consumo de alcol e informar sobre a nova lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas entre os menores de idade. Estes son os dous obxectivos principais do obradoiro desenvolvido pola escola galega de saúde en Ribeira.
     
    Dependencia
     
    A piscóloga Miriam Otero e a doutora, María Jesús García, foron as encargadas de expoñer distintos aspectos relacionados co abuso do alcol como os factores de risco e os indicadores de consumo. Segundo as estatísticas, un dez por cento dos consumidores habituais acaba por xerar dependencia.
     
    Durante a xornada abordáronse tamén as limitacións legais na publicidade do alcol e os riscos de normalizar o abuso como unha práctica habitual.
     
    Por último, os asistentes tiveron ocasión de coñecer os contidos da lexislación en materia de prevención e consumo recollidos na norma aprobada en 2010 para restrinxir o acceso dos menores de idade ó alcol.
     
    Redacción Barbanza