A xunta investiu máis de 800 mil euros na reforma do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia

O GROVE> Máis de 6 mil persoas asistiron o pasado anos as diferentes actividades que realizou a aula da natureza de Siradella do Grove. Con motivo do día internacional da educación ambiental, a directora xeral de patrimonio natural visitou o centro para poñer en valor o seu traballo. As actividades que realizan son variadas, como obradoiros, charlas ou paseos pola natureza.

Con motivo do día internacional da educación ambiental, a directora xeral de patrimonio natural visitou a aula da natureza de Siradella no Grove. Esta aula é unha das tres coas que conta a comunidade autónoma e as súas instalacións foron visitadas este ano por máis de 6 mil persoas.

O obxectivo destas aulas é achegar a natureza ás persoas e concienciar da importancia da conservación do medio ambiente.

Para conseguir estes obxectivos, cada semana a aula realiza numerosas actividades como visitas guiadas, obradoiros ou charlas.

As actividades están destinadas a todos os públicos dende escolares a xubilados. Esta semana, a aula organizará o obradoiro “meu bosque”, para concienciar dos coidados do medio ambiente, e a charla “desplastifícate” co obxectivo de mostrar como sería un mundo sen contaminación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí