Veciños de Trabanca denuncia a instalación de novas familias xitanas

    trabanca_100.jpgVILAGARCÍA > Veciños de Trabanca Badiña e de A Torre en Vilagarcía amósanse preocupados pola inminente chegada de novas familias xitanas

    … á zona do Castro, a escasos 100 metros do poboado de Berdón. Esta mesma semana os novos residentes estiveron achandando terreos con maquinaria pesada, presumiblemente para construír a súa vivenda nunha zona cualificada como rústica. Unha situación que está a molestar ós veciños que piden que as normas sexan as mesmas para todos.

    Os membros de ámbalas dúas asociacións veciñais aseguran que este non é un problema de racismo; porén denuncian os prexuízos que lles están a ocasionar os xitanos xa establecidos. Ata o de agora aínda non houbo ningún problema de convivencia cos xitanos xa establecidos; salvo que, en contra do acordado fai oito anos entre paios e xitanos, estas familiares deron en aumentar neste poboado.

    É por isto polo que os veciños intentarán impedir pola vía legal que se establezan máis familias co fin de que non se converta nun gueto e xere problemas doutra índole, como xa aconteceu recentemente noutras cidades galegas. A esto hai que engadir que existen rumores que apuntan que as novas familias que pretenden instalarse proceden do VAO, cas connotacións negativas preocupantes que trae para esta sociedade vilagarciá.

    Contestación Servicios Sociais

     A contestación por parte da Concellería de Servicios Sociais do Concello de Vilagarcía non se fixo agardar. Por unha parte sinalan que este non é un problema da súa competencia posto que non hai ningún realoxo, senón que de momento só parece un problema de índole urbanístico.

    A titular deste departamento, Ana Lorenzo, tamén puntualiza que a ela en ningún momento lle foi comunicada esta problemática senón que se enterou do asunto pola prensa. Lorenzo engade tamén que esta mesma semana ela mesma mantivo unha reunión co persoal da oficina de igualdade e benestar de Vilagarcía para adoptar unha serie de medidas no poboado xitano de Berdón, co obxectivo de elaborar un plan de inserción social e erradicar o chabolismo da zona.

    Ademais aseguran que se puxeron en contacto ca Consellería de Vicepresidencia da Xunta e co Concello de Poio, responsables do realoxamento das familias xitanas do poboado do Vao, e ningunha das dúas ten constancia de que se vaian a realoxar ningunha destas familias en Vilagarcía.

    Redacción Salnés