RIBEIRA> O concello de Ribeira avanza na mellora das súas instalacións culturais coa rehabilitación do conservatorio de Aguiño. O proxecto contempla a envolvente térmica e a reforma interior para dotar ó inmoble de maior accesibilidade.
O executivo ribeirense traballa na licitación da rehabilitación do conservatorio de Aguiño. O proxecto centrarase na envolvente térmica así como na reforma interior para facer máis accesibles e confortables unhas instalacións que son moi utilizadas polos veciños da parroquia.
A actuación conta cun orzamento de máis dun millón de euros cofinanciados con fondos europeos.











