Preto de 300 nadadores participaron no campionato mundial de colchonetas de Sanxenxo

SANXENXO> Preto de trescentas persoas participaron na duodécima edición campionato mundial de colchonetas celebrado en Sanxenxo. O torneo reuniu a nadadores que cos seus inchables, disfraces e moito sentido do humor gozaron na praia da Panadeira dun evento único.

Na tempada de verán non é nada raro ver unha praia de Sanxenxo con centos de persoas, pero neste caso, os protagonistas non só se deron cita no areal da Panadeira para gozar dunha tarde de praia, se non para participar nun evento único que só se celebra na vila, o campionato mundial de colchonetas de Sanxenxo.

O campionato celébrase na praia da Panadeira en Sanxenxo pero nel participan nadadores de todo o mundo.

Os nadadores participaron en tres categorías, infantil, xuvenil e sénior. Para competir os nadadores utilizaron as súas colchonetas pero tamén disfraces e moito sentido do humor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí