Luís Garrido expón no bar Aldara do Grove 10 cadros centrados nas costas galegas

O GROVE> O pintor sanxenxino Luís Garrido expón no Grove a súa última obra tralo seu regreso á pintura. O artistas presenta no bar Aldara unha mostra composta por 10 cadros. As súas pezas son representacións de imaxes da costa da nosa contorna.

Cadros sobre imaxes reais que a xente recoñeza cando os vexa. Esa é o punto de partida do pintor Luís Garrido na súa obra. O artista expón no bar Aldara do Grove, 10 dos cadros da súa nova colección.

Nos cadros represéntanse imaxes da nosa costa, como os portos de Sanxenxo, o Grove, a Illa ou doutros puntos de Galicia como Cariñas e Lourido.

Garrido retomou a pintura tras 30 anos afastado, ao non poder dedicarlle o tempo necesario. Unha vez xubilado, o artista recuperou os pinceis para pintar nos últimos anos ao redor de 20 cadros. Expoñer no bar Aldara é unha gran oportunidade para mostrar as súas obras.

A exposición estará presente no bar Aldara ata mediados de mes. O artistas xa busca outros espazos para mostrar as súas obras, pendente de pechar, Garrido agarda poder expoñer en Pontevedra nos vindeiros meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí