O PP Barbanza presenta as enmendas ós presupostos da Xunta para o 2006

    BARBANZA > O deputado do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Manuel Ruíz Rivas, deu a coñecer este venres as emendas que o seu grupo presentará ós orzamentos da Xunta para o ano 2006 referidas á comarca do Barbanza por un importe de preto dos 11 millóns de euros. Estas enmendas abarcan propostas que van dende a mellora das infraestruturas da zona a actuacións de tipo industrial, comercial ou turístico, entre outros.

    As modificacións que os populares propoñen ós orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano contemplan diversas melloras en diversos temas como as actuacións portuarias, nas que destaca a ampliación da dársena exterior de Ribeira, con máis de dous millóns de euros, ou a nova dársena  no porto de Cabo de Cruz cun millón e medio.

    Ruíz Rivas criticou o feito de que o goberno da Xunta non só se limitou a recorta-los compromisos na zona senón que tamén frustrou as expectativas cancelando convenios que supuxeron a supresión de obras por un importe total de millón e medio de euros para distintos concellos do Barbanza por parte da Consellería de Medio Rural.

    No ámbito medioambiental o Partido Popular demanda ó novo goberno o saneamento integral de Ribeira por importe de 600 mil euros e o da Ribeiriña na Pobra do Caramiñal, así como tamén o paseo fluvial do río Breiro e a depuradora de residuos en Boiro.

    No que respecta á política social os propulares esixen obras de acondicionamento no Hospital do Barbanza por importe de 360 mil euros para a construción dun heliporto e a climatización do edificio hospitalario.

    Manuel Ruíz fixo alusión a que as enmendas recollen tamén a necesidade de construír máis vivendas sociais na zona, concretamente na Pobra do Caramiñal, así como a realización da circunvalación de Ribeira.

    Outra das propostas dos populares é a relativa a realización de actuacións nos parques empresariais da comarca.

    Nas enmendas inclúense tamén propostas de actuación no eido da pesca comos son as axudas para o armador do buque Saleta e a potenciación de infraestruturas de comunicación e readiodifusión nas comarcas do Barbanza, Noia e Muros.

    Redacción Barbanza