A Pobra celebrará o Carme dos Pincheiros entre o 15 e o 18 de agosto

A POBRA> A Pobra celebrará as súas festas grandes entre o 15 e o 18 de agosto. O Carme dos Pincheiros encherá a vila de celebracións, música e tradición. Precisamente entre os elementos máis tradicionais destacan os xogantes e cabezudos que desfilarán polo concello durante os catro días que duran os festexos.

O venres 15 de agosto arrancarán as celebracións cunha serie de actividades organizadas polo concello. Ademais da achega económica, a administración local é a encargada de deseñar o programa do primeiro día dos festexos que darán comezo coa lectura do pregón, este ano a cargo das veteranas do Club de Remo.

O sábado, a banda de música de Rianxo entrará na vila pobrense a partir das once da mañá xunto con numerosas agrupacións de música tradicional. Este será o día adicado á mocidade coa celebración dos San Xurguíns e a Festa da Auga. Pola noite a orquestra Mar Azul e a banda tributo a Joaquín Sabina poñerán a  nota musical. Darán paso ó día grande das celebracións coa misa solemne e procesión acompañada pola banda militar da Brilat e a banda de música de Vilaboa.

O luns 18, festivo local, as celebracións chegarán á súa fin con actividades para os máis cativos, o desfil final dos xigantes e cabezudos e o concerto de Bronken Pecha que dará paso ó espectáculo pirotécnico con combate naval incluído.