O CEIP O Grupo poderá contar cun comedor o vindeiro curso

    colexiogrupocomedor.jpgRIBEIRA> A xefa territorial de Educación trasladoulle á APA do centro a intención do goberno autonómico de seguir adiante co proxecto.

    A consellería de Educación moveu peza no asunto do comedor escolar do CEIP O Grupo. Deu un paso máis, é esta semana Teresa Villaverde, xefa de Educación na Coruña achegouse ata o centro para informar os pais que o proxecto sigue en pé. A intranquilidade apropiárase da comunidade educativa, xa que dende o mes de xaneiro, data da última xuntanza con representantes de Educación, non volveran saber máis nada do tema.

    {flowplayer}barbanza/colexiogrupocomedor.flv{/flowplayer}

    O único impedimento sería que o PXOM obrigarase a retranquear o muro exterior do recinto ata o lugar que agora ocupa o almacén que será o futuro comedor, algo pouco probable, como xa lle informaron dende o concello de Ribeira. Asemade, a alternativa de construír módulos prefabricados xa quedou descartada, porque non hai espazo físico no recinto para estas estruturas. 

    Na actualidade, o comedor escolar desenvólvese nunha aula onde se imparte clase nas horas lectivas. O espazo é reducido, xa que tan só pode albergar a A delegada territorial comprometeuse a acudir a vindeira semana de novo ó centro, desta volta acompañada de persoal técnico para comezar as medicións sobre o terreo.

    Redacción Barbanza