Cixanova e asina con OPMEGA un convenio de axudas ó sector dos mexilloeiros

    VILAGARCÍA > A entidade bancaria Caixanova vén de asinar un convenio coa Organización de Productores de Mexillón de Galicia (OPMEGA) para habilitar créditos a curto prazo para paliar a falla de ingresos que está padecendo o sector a causa do peche dos polígonos de bateas pola marea vermella. Este mesmo martes pechábanse os polígonos abertos en Cambados polo que ata o momento só quedan abertos tres na ría de Vigo.

    conveniocaixanovaopmega_300.jpgO crédito, asinado entre o Director Comercial de Caixanova Pontevedra, Manuel Soage, e mailo presidente de OPMEGA, Javier Figueira, ascendería a 12.000 euros como máximo por cada batea cun prazo de seis meses e un tipo de interese do 2,90 por cento. Esta liña de crédito pretende paliar a gran crise que vive o sector dende fai meses pola aparición da marea vermella e o posterior peche dos polígonos de bateas.

    Segundo nos confirmaba OPMEGA, nestes intres só están abertos tres polígonos de bateas na ría de Vigo e un en Sada.  A paralización do sector nestas datas pode causar unha parálises na inversión dos bateeiros pola falla prolongada de ingresos. 

    Redacción Salnés