O PP lamenta que a Xunta atrasase 4 anos a parcelaria de Vilariño

    rosa_oubina100_041208.jpgCAMBADOS > O PP di que é falso que o goberno anterior da Xunta paralizase as obras da parcelaria de Vilariño, que xa deberían estar rematadas.

    Despois da última reunión da Xunta Local da Concentración Parcelaria de Vilariño e tralas declaracións do delegado de Medio Rural, as reaccións dos populares cambadeses non se fixeron esperar. A deputada autonómica Rosa Oubiña insiste en culpar ó bipartito da Xunta de ter paralizadas durante catro anos esta parcelaria.

    Oubiña indica que o Goberno do PP na Xunta realizou todo o proceso, iniciado en 1998 ata deixar aprobado en 2004 o estudo de impacto ambiental, as bases definitivas e proceder á contratación da rede viaria principal, todo cun investimento de 450.000 euros. Lembra que quedou pendente a apertura e conclusión das vías da rede secundaria, cun investimento de 175.000 euros.

    Rosa Oubiña afirma que desde a chegada do bipartito á Xunta en 2005, Medio Rural abandonou os camiños da rede secundaria, limitándose a por marcos provisionais e agora, case 4 anos despois, iniciar as obras definitivas. Oubiña indica que isto prexudicou gravemente os intereses dos agricultores de Vilariño, ó non poder obter beneficios das súas explotacións agrarias. De todos xeiros, o PP alégrase de que agora se poña de novo en marcha a obra.

    Redacción Salnés