Os Reis Magos visitan a gardería de Sanxenxo

    SANXENXO > Aínda faltan uns días para a chegada dos Reis Magos, pero as súas maxestades están adiantando estes días a súa visita a algúns nenos da comarca. Na gardería de Sanxenxo repartiron bicos e agasallos entre tódolos nenos. Algúns desfrutan arestora dos seus primeiros xogueten de Nadal.

    A gardería de Sanxenxo recibiu a visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar achegáronse ata o centro para visitar ós nenos e achegarlles os primeiros agasallos. Os pequenos foron sentándose nos xeonllos das Súas Maxestades e tras prometer que se portaran moi ben, recollían o seu xoguete. Moitos ían disfrazados para a ocasión, facendo deste día unha gran festa. Anque a maioría recibiron ós Reis Magos con alegría, houbo quen non puido evitar algunhas bágoas e mesmo quen se negou a achegarse a uns personaxes tan estranos. Pero outros non deixaron pasa-la oportunidade de recibi-lo seu agasallo, que abriron rapidamente, algúns coa axuda dos propios Reis Magos. Tamén houbo quen tivo algún problema para colle-lo seu paquete que case era máis grande que el. E unha vez aberto, tocaba xogar. Todos desfrutaron do seu regalo, anque houbo quen optou por durmir placidamente durante toda a visita e preferiu esperar ó día 6 de xaneiro para recibi-la visita real.

    Redacción Salnés