Sanxenxo é o segundo concello do mundo con máis bandeiras azuis

    silgar100_010607.jpgSANXENXO > Sanxenxo converteuse no segundo municipio do mundo con maior número de bandeiras azuis, tras Vila Nova de Gaia, …

    … en Portugal, que contará con 17. Cos 14 distintivos concedidos pola ADEAC, Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, Sanxenxo lidere por quinto ano consecutivo o ranking nacional.

    Galicia é a comunidade do mundo con máis praias distinguidas coa bandeira azul, e Sanxenxo contribúe visiblemente. Entre tódolos municipios do mundo, o de Sanxenxo é o segundo con maior número de distintivos azuis, e no ranking nacional está á cabeza coas 13 bandeiras que ondearán nos seus areais este verán, maila que lucirá o porto deportivo Juan Carlos I. Nesta campaña 2007 súmanse a este galardón a praia de Panadeira, que o logra por primeira vez, e a de Areas, que o recupera despois de tres anos. Pola contra, Nosa Señora da Lanzada perdeuno nesta ocasión ó carecer dunha zona delimitada de estacionamento de vehículos.

    A alcaldesa en funcións, Catalina González, afirma que seguirán traballando para incrementar o número de bandeiras azuis. De momento, para esta campaña estival o Concello informa que reforzou o servizo de limpeza de praias coa incorporación desde hoxe dun total de 9 persoas para realizar estas labores a xornada completa ata o 30 de setembro. Ademais, contratará outras 15 persoas para traballar do 16 de xuño ata o 15 de setembro.

    Redacción Salnés