Meis e a Xunta asinan un convenio para construír nunha parcela da Parga o novo centro de saúde

MEIS> A Xunta e o concello de Meis asinan un convenio para a cesión de preto de 2 mil metros cadrados da parcela da Parga para o Sergas. Nesta superficie, a Consellería de Sanidade construirá o novo centro de saúde da vila. Para Meis, o acordo era moi agardado debido á necesidade que ten a vila de dispoñer dun novo ambulatorio.

A sinatura deste convenio é o primeiro paso para que o concello de Meis conte co seu novo centro de saúde. Con este acordo, o concello cede á xunta preto de 2 mil metros cadrados da parcela da Parga para que o Sergas constrúa o novo centro de saúde.

Para Meis, o acordo era moi agardado debido á necesidade que ten a vila de dispoñer dun novo ambulatorio.

Inda é pronto para falar de orzamentos e tempos. Pero dende a xunta agardan ter o proxecto licitado ao longo do vindeiro ano.

Dende Meis agardan recuperar todo o seu persoal sanitario co novo centro de saúde. Polo de agora xa está confirmado o regreso do servizo de matrona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí