ESPECIAL NADAL > O 20.085 foi o número agraciado co Gordo do Sorteo de Nadal con tres millóns de euros, trescentos mil euros cada décimo. O número vendeuse íntegramente na localidade barcelonesa de Vic. En Galicia só quedou parte dun quinto premio, do 25.944, que se vendeu en Serra de Outes.
O premio grande foi cantado polas nenas de San Ildefonso, Eliana Gonzaga cantou o número e Aránzazu Herrera o premio. Ás doce e once minutos da mañá chegaba esta boa nova para os veciños de Vic, xa que o número foi consignado integramente na administración número 3 desta localidade de Barcelona.
Este ano a sorte do Gordo deixou de lado a Galicia. Só quedou parte dun quinto premio, precisamente o que máis cedo saíu, o 25.944. Deste número vendéronse algúns décimos por ventanilla na administración número un de Serra de Outes, na comarca de Muros e Noia.
Ó longo de toda a mañá, desde as nove ata a unha da tarde celebrouse este sorteo, que mantivo en vilo a boa parte de España pegada ó televisor ou á radio. Tampouco faltan anécdotas. Ás dez e once da mañá cantábase o número 14.431 un quinto premio que se corresponde coa data da proclamación da Segunda República e que lle tocou a un grupo de republicanos que levaba vinte anos xogando esa cifra.
A táboa de premios queda do seguinte xeito:
PRIMEIRO PREMIO: 20.085 , dotado de 3 millóns de euros, vendido en Vic.
SEGUNDO PREMIO: 28.150, dotado cun millón de euros, vendido integramente en Valencia capital
TERCEIRO PREMIO: 7.494 premiado con 500.000 euros a serie
CUARTO PREMIO: 84.003 e 76.446 con 200 mil euros cada un
QUINTOS:
25.944
68 395
14.431
18.486
12.741
53.863
76.734
32.474
Redacción Salnés








