Cambados pon en marcha o Plan Anticrise da Deputación

    cambados_copia100.jpgCAMBADOS> Os proxectos do Plan Anticrise van destinados a saneamento, pavimentación e mobiliario urbano.

    {flowplayer}images/salnes/CAMBADOS_PLAN_ANTICRISE.flv{/flowplayer}

    Está prevista unha inversión de más de 950.000 euros nas catro parroquias periféricas de Cambados. O alcalde de Cambados, afirmou que o obxectivo do concello é que os veciños das parroquias disfruten dos mesmos servizos que os que viven nas zonas urbanas.

    O investimento por parroquia farase proporcionalmente polos km2 de extensión e do número de habitantes. As obras céntranse en saneamento, pavimentación e mobiliario urbano.

    Así as obras na Seca suporán a mellora da rede de sumidoiros existente con implantación doutras tubeiras. Na parroquia de Oubiña construirase un muro de contención fronte o centro sociocultural Gumersindo Márquez, así como a ampliación das pontes de A Balsiña e Abilleira. En Vilariño, a rede pluvial, o saneamento e a pavimentación serán as obras principais. Na parroquia de Castrelo vaise a proceder ó saneamento con instalacións superiores a 1 kilómetro. As obras complementaranse coa dotación de equipamento de mobiliario urbano, xardineiras, bancos e papeleiras.

    Redacción Salnés