Representantes parlamentarios analizan en Taragoña as deficiencias do Brea Segade

    RIANXO > A Vicepresidenta primeira da Mesa do Parlamento e deputada do BNG, Tereixa Paz, xunto cos deputados Beatriz Sestayo do PsdeG-PSOE e Xesús Palmou do PP, desprazáronse esta mañá ata o colexio de educación primaria Brea Segade de Taragoña

    A razón da súa visita non era outra que cumprir cun compromiso adquirido cos alumnos de 5º e 6º de Primaria deste centro educativo hai unhas semanas durante unha excursión organizada á Camara galega na que solicitaron a atención dos políticos ás deficiencias que presenta o colexio.

    Co obxectivo de corresponder á visita e satisfacer deste xeito as demandas dos propios alumnos do colexio de educación primaria Brea Segade de Taragoña os deputados do BNG, Tereixa Paz, PsdeG-PSOE Beatriz Sestayo e PP Xesús Palmou desprazáronse ata o centro ediucativo.

    Alí acompañados polo director e varios profesores foron percorrendo as distintas instalacións, supervisando as principais carencias que presenta actualmente o colexio.

    Despois duns vintedous anos dende a súa construción o edificio non sufriu ningunha actuación, existindo importantes deficiencias no mesmo, como é o caso da falla de mobiliario na maioría das aulas, así como o problema de humidades e filtracións de auga e o pintado tanto interior coma exterior.

     Os tres políticos comprobaron de primeira man as deficiencias do colexio e sinalaron que van facer todo o que estea nas súas mans para solucionalas.

    A visita ó centro educativo coincidia tamén coa Festa de Nadal dos alumnos.

    Redacción Barbanza