BOIRO> A Garda Civil de Boiro investiga a desaparición dun veciño de Ribeira de cincuenta e catro anos. A Francisco José Martínez Pego perdeuselle a pista o pasado sábado na zona do Carballal, en Boiro. Franciso José Martínez Pego desaparecía o pasado sábado pola mañá na zona da Magdalena en Boiro. O home, de cincuenta e catro anos e veciño de Ribeira, visitou á súa moza que reside na zona do Carballal. Dende que saíu da vivenda, os familiares non volveron saber nada del polo que presentaron unha denuncia na Garda Civil de Boiro. A preocupación no seu entorno é máxima posto que o home está pasando unha mala racha e se atopa bastante deprimido. No momento da súa desaparición, Francisco José vestía pantalón vaqueiro, camisa azul, impermeable azul mariño e zapatos negros. Algunhas testemuñas afirmaron telo visto o sábado pola zona de Escarabote cunha mochila de cor fucsia.
Inicio BARBANZA