NOIA> A Dirección Xeral de Patrimonio emitiu en xaneiro un informe desfavorable ó proxecto de construción dunha pasarela cuberta na Ponte de San Lázaro. Dende entón, o equipo redactor mantivo varias xuntanzas para consensuar os criterios das modificacións que poderían estar listas de cara ó mes de maio para poder someter novamente o proxecto ó dictame da comisión de patrimonio. O principal obxectivo desta actuación é mellorar a conectividade entre o barrio de San Lázaro e o casco histórico. Aumentaríase a sección lonxitudinal da ponte para favorecer o xiro de vehículos e desprazaríase o tránsito de peóns ós laterais. Esta obra, sumada á mellora das beirarrúas prevista na Avenida de República Argentina, así como outras actuacións en materia de accesibilidade suporá unha importante mellora do barrio de San Lázaro favorecendo a súa integración no casco da vila.
Inicio NOIA