A peonalización de General Franco da por concluída a súa primeira fase

    RIBEIRA > As obras de peonalización da Rúa General Franco de Ribeira deron por concluida a súa primeira fase. Unha vez pasadas as festas de Nadal, a empresa constructora acometerá un novo tramo co obxectivo de ter rematado o proxecto integral antes de Semana Santa.

    O primeiro tramo peonil xa foi aberto ó público para facilitar o tránsito das persoas pola zona comercial nestas datas. Os veciños e, especialmente os donos dos negocios, amósanse moi satisfeitos pola peonalización da rúa posto que suporá un notable incremento nas ventas.

    O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, tamén amosou o seu contento coa conclusión desta primeira fase executada con gran rapidez. O rexedor explicou que unha vez rematadas as festas comezarase a traballar na segunda fase das obras que, previsiblemente, estarán rematadas antes da Semana Santa.

    A peonalización da rúa General Franco forma parte do proxecto de humanización das rúas ribeiresas impulsado polo executivo local que ten como obxectivo dotar o centro urbano de máis espazos para os peóns. Neste plano, enmárcanse outras actuacións como o acondicionamento do entorno das ‘Casas Baratas’ ou a Rúa Manzanares.

    Redacción Barbanza