Continúan declarando en Cambados pola operación contra tráfico de haxix

    CAMBADOS > Os xulgados de Cambados continúan rexistrando moito movemento. Este mércores pola tarde acabaron de declarar os nove detidos por unha suposta operación contra o tráfico de haxix, entre eles o cambadés Ramón Baúlo, fillo de Manuel Baúlo ‘O Caneo’ quen fora asasinado hai uns anos na súa casa tras delatar a Manuel Charlín.

    policambados_200_281205.jpgTanto Ramón Baúlo Carballo coma outros seis detidos ingresaron na prisión da Lama. Os outros dous quedaron en liberdade. Está convocada unha rolde de prensa do subdelegado do goberno en Pontevedra para falar sobre esta nova operación contra o narcotráfico en Arousa. A operación contra o narcotráfico orixinou un importante desplegue policial, que conlevou o rexistro de varios dos domicilios e empresas dos detidos na comarca e especialmente en Cambados.polifurgon_200_281205.jpg

     

    Redacción Salnés