![]()
{flowplayer}images/salnes/CIG_MADEIRAS_ATLANTICO.flv{/flowplayer}
A CIG ven de recibir a resolución do recurso de alzada que presentou o pasado 13 de abril contra o segundo ERE que solicitou o grupo empresarial Madeiras do Atlántico. Unha resolución que quedou desestimada xa que os argumentos expostos, segundo a administración autonómica, non desvirtuaba a resolución. Polo contra, a Xunta si tivo en conta as alegacións da empresa solicitante.
Ademais, a empresa, segundo o sindicato, infrautilizou o anterior ERE que solicitara e que lle concedera a administración autonómica o pasado ano. Deste xeito, consideran que a actuación da Xunta responde a un abuso de dereito que xera unha indefensión dos traballadores e que non axuda a resolver o problema económico polo que está a pasar a empresa.
De feito o primeiro expediente de regulación de emprego que solicitou o grupo Madeiras do Atlántico fixo que empeorara a súa situación debido ó uso irresponsable que se fixo do mesmo. Agora, os maiores afectados son os traballadores que levan sen recibir o seu salario desde o pasado mes de xaneiro. A CIG recoñece que todo isto se debe a unha falta de responsabilidade pro parte do empresario.
Ante esta situación, o sindicato está barallando a posibilidade de recorrer dita resolución pero non creen que a empresa poida superar a situación de crise pola que está a pasar.
Redacción Salnés










