Máis de 200 alumnos dos IES Asorey e Cabanillas participaron na campaña Musiqueando na praza de Fefiñáns

CAMBADOS> Máis de 200 alumnos dos Institutos Asorey e Cabanillas de Cambados participan en musiqueando. Unha iniciativa estatal que busca poñer en valor a educación musical. En Cambados as actuacións tiveron lugar en Fefiñáns e pecháronse cunha representación conxunta da canción Terra das Tanxugueiras.

A Confederación de Asociacións de Educación Musical organiza a campaña musiqueando. Unha iniciativa mediante a cal os escolares dos centros de ensino realizan certames musicais para poñer en valor a educación musical. A esta campaña sumáronse este ano os IES Cabanillas e Asorey de Cambados. Máis de 200 alumnos mostraron as súas destrezas musicais na praza de Fefiñáns.

Ao longo de toda mañá o alumnado foise sucedendo para tocar as súas pezas. O resultado é o traballo de moitas horas de ensaio.

Esforzo que valeu a pena xa que tantos mestras como alumnado gozaron dunha xornada musical.

A iniciativa contou co apoio do Concello de Cambados. Dende o goberno local destacaron a importancia destas actividades para favorecer o enriquecemento cultural e musical da vila.

A celebración pechouse cun baile conxunto. Os máis de 200 alumnos movéronse ao son de Terra de Tanxugueiras, cunha coreografía creada por Artur Puga, un dos bailaríns que participou na actuación do grupo galego no Festival de Benidorm.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí