Os afectados pola mellora da PO-308 están encerrados no concello de Poio

    po308_peche100_211107.jpgPOIO > Un grupo de veciños permanece encerrado no concello de Poio. Protestan polo proxecto de mellora da PO-308

    … porque consideran que as administracións implicadas, Concello e Xunta, non son xustos nas expropiacións. Previamente, estes veciños estiveron durante tres horas cortando o tráfico na PO-308, en Combarro.

    po308_protesta200_211107.jpgDesde as oito e ata as dez desta mañá medio cento de veciños afectados polo proxecto de mellora da PO-308 interromperon o tráfico nesta estrada, que une Pontevedra con Sanxenxo pola costa. Unha medida de protesta que non tiña autorización da Subdelegación do Goberno e que estivo controlada en todo momento pola Garda Civil de Tráfico e a Policía Local. Isto non impediu que os veciños se instalaran coas súas pancartas nos pasos de peóns de Combarro provocando longas ringleiras en ambos carrís.

    O motivo, que non están de acordo co proxecto deseñado para mellorar a seguridade viaria nesta estrada. ‘Queremos un proxecto de seguridade viaria e non un proxecto político’, explicou a presidenta do colectivo Teresa Vidal, ó tempo que engadiu que no documento non se tocan os puntos negros senón que se pretende facer ‘unha avenida con xardíns e aparcamentos’.

    De Combarro, estes veciños foron directamente á Casa Consistorial, onde permanecen pechados. Teresa Vidal lembra que levan cinco meses negociando coas administracións a modificación deste proxecto. Hai oito días estiveron 6 horas reunidos co alcalde e acordaran unha tregua, pero consideran que lles mentiron e van seguir coas súas protestas.

    {flowplayer}images/salnes/po_308.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés