Nova concentración a prol da traballadora despedida da piscina de Vilagarcía

    piscina_100_260907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Seguen as mostras de apoio para Mª Jesus Pérez Rodríguez, a traballadora da piscina municipal despedida

    …de xeito improcedente pola empresa Serviocio S.L. tras dous meses de manifestacións e concentracións a afectada pide que o seu despido sexa declarado nulo.

     A historia de Mª Jesús comezou o pasado xaneiro. Un suposto exceso de cloro no ambiente da piscina provocoulle reaccións alérxicas á moza. Ela denunciou esta presunta irregularidade ás autoridades laborais. Os continuos enfrontamentos entre a empresa e a traballadora levaron finalmente o seu despido. Un despedido que a propia empresa recoñece improcedente. Hoxe, a afectada estivo arroupada nesta concentración por UGT Serviocio S.L. ten a concesión administrativa da piscina municipal en Vilagarcía e polo tanto, segundo os sindicatos, e competencia do Concello velar pola seguridade e o bo funcionamento deste centro. Segundo os sindicatos, o Concello non deu ningún tipo de resposta a esta situación. O desenlace terá lugar o vindeiro 25 de outubro, data na que esta previsto que se celebra o xuízo.

    Redacción Salnés