Sanxenxo celebrará o seu 4 de setembro máis grande coa Feira da Cebola e a etapa da Vuelta a España

SANXENXO> O día principal das festas de Sanxenxo será este ano máis grande ca nunca. O sábado 4 de setembro a vila celebrará a súa tradicional festa da cebola e ademais acollerá a etapa número 20 da volta a España. Dende o concello xa teñen todo organizado para celebrar os dous eventos garantido a seguridade.

O día 4 de setembro é o día principal da celebración das festas de Sanxenxo. Coincidindo co día de Santa Rosalía, o concello celebra a súa tradicional festa da cebola. Pero este ano, a celebración será histórica porque esa mesma data a volta a España partirá dende Sanxenxo. O concello xa ten elaborado un plan de organización para garantir a celebración e a seguridade dos dous eventos.

A feira da cebola chega este ano á súa trixésimo novena edición contando, de novo, con todas as medidas sanitarias.

O día será histórico este ano en Sanxenxo pola saída da vixésima etapa da Volta a España. Unha competición que por primeira vez percorrerá Portonovo.

O día grande é o catro pero as festas de Sanxenxo comezarán xa o día 31. Esa data celebraranse actividades para os máis pequenos, os días 1 e o 2 haberá actuacións musicais de grupos locais, o tres haberá pasacalles e o propio día de Santa Rosalía actuará a orquestra París de Noia. As festas rematarán co espectáculo pirotécnico dende a praia de Silgar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí