O 25% dos casos están relacionados directamente co tabaco

    PONTEVEDRA > Coa chegada da nova lei antitabaco o Colexio Oficial de Médicos declarouse espazo libre de fume. A razón non é para menos, o tabaco é a causa do 25 por cento dos casos de cancro na provincia de Pontevedra e representa un gasto moi elevado na seguridade social. Deste xeito os médicos consideran que o importante é concienciarse do dano que produce esta droga para alongalo definitivamente da sociedade.

    O tabaco produce un dano moi grande a nosa saúde, eso sabémolo todos, pero quédense cuns datos: O 25 por cento dos casos de cancro na provincia de Pontevedra están relacionados directamente con esta droga. Aínda que este habito non só deriva en cancro, outras enfermidades como bronquites crónica ou lesións cardiovasculares son producidas polo tabaco. O colexio oficial de Médicos de Pontevedra deixouno moi claro a lei antitabaco axudará a abandonar a cultura do tabaco para sempre.

     

     

    A oncóloga Isabel Lorenzo cre que a maioría dos casos rexistrados de cancro poderíanse evitar simplemente deixando o tabaco. Deste xeito afirma que os pacientes que continúen con este habito tan perigoso teñen moitas posibilidades de desenvolver esta enfermidade no futuro e desencadear unha morte moi temperá.

     

     

    A solución a teñen vostedes, declárense tamén persoas libres de fume aínda que teñan en conta que a forza de vontade evita calquera tratamento.

    Redacción Salnés