Medio Ambiente compromete o acondicionamento de Fontegaiteira

    juanfranciscofrojan_100_160207.jpgCATOIRA > O delegado de Medio Ambiente de Pontevedra, Juan Francisco Froján, reuniuse esta mañá co alcalde da vila…

    …Alberto García, para realizar un seguemento das obras e xestións que esta consellería está a realizar no concello. Entre elas, destacan o abastecemento de auga a 9 núcelos rurais, así coma o proxecto da EDAR, a compra dun tractor para desbroce e un camión da recollida de lixo. O delegado aproveitou para garantizar o acondicionamento da zona de Fontegaiteira, arredor do que será o pavillón multiusos. edarcatoira_200_160207.jpg

     O alcalde de Catoira, Alberto García e mailo delegado en Pontevedra da consellería de Medio Rural, Juan Francisco Froján mantiveron hoxe unha reunión de traballo na que avaliaron o estado das obras que esta consellería levou a cabo no concello nos últimos meses.

    Os proxectos

    Tamén aproveitaron para concretar diversas actuacións que a consellería tiña comprometidas, coma o acondicionamento do entorno de Fontegaiteira, onde se construirá o edificio multiusos. Respecto a esta obra, o delegado Juan Francisco Froján anunciou un novo proxecto a realizar neste entorno, unha biblioteca medioambiental que contribúa á mellora-la educación medioambiental no concello.

    Logo desta xuntanza, émbolos dous realizaron unha visita no entorno da que será a nova estaciñon depuradora de augas, a Edar. Proxecto que será aprobado no pleno deste vindeiro xoves, e para o que está prevista un orzamento de 2 millóns 100 mil euros. A visita rematou en diferentes zonas do rural catoirense ponde se están a realizar obras de abastecemento de auga.

    Redacción Salnés