O SALNÉS > A partir do un de xaneiro estará prohibido fumar en todos os establecementos públicos excepto nas zonas habilitadas para fumadores. A nova lei entra en vigor a vindeira semana aínda que existen moitas lagoas respecto o seu contido. Os hostaleiros da comarca non están moi seguros de cómo actuar con respecto a esta lei aínda que a maioría o ten moi claro.
Se prohibirá fumar nos hoteis, hostais, cafeterías e restaurantes excepto nos establecementos que se habiliten zonas para fumadores. Nos espazos superiores a 100 metros poderán habilitarse como máximo o 30 por cento das zonas comúns para as persoas fumadoras. Estas zonas deberán estar ailladas e dispoñer de sistemas de ventilación que permitan garantir a eliminación de fume. Esto é parte do contido da Lei antitabaco que estará vixente o vindeiro luns aínda que son as comunidades autónomas as encargadas de desenvolvela. Pero qué opinan os hostaleiros da nosa comarca?
Os cliente son os principais afectados por esta lei que deberan escoller unha zona de fumadores ou libre de fume para pasar o seu tempo de ocio. No primeiro caso prohibirase a entrada a menores de 16 anos. ¿e qué opinan os veciños da nosa comarca?
O cumprimento total da lei dependerá das diferentes comunidades autónomas que serán as encargadas do seu control. Só un dato: as infraccións leves da lei serán sancionadas cunha multa de ata 600 euros e no caso das moi graves a sanción ascendería a 600.000 euros.
Redacción Salnés